Un mercado á vosa disposición

O noso Mercado é un espazo  multifunción, ideal para a presentación de produtos, reunións empresariais, aniversarios, festexos e todo tipo de evento que precisen dunha contorna agradable, ampla e rodeada de servizos gastronómicos satisfacer ós vosos convidados. 

 

Contamos con distintos espazos dinámicos, funcionais, creativos, que se axustan ás necesidades de cada encontro:  mitins laborais, conferencias, talleres, celebracións e reunións familiares e afectivas.

Estamos preparados para brindarche unha experiencia innovadora e íntima. Dispoñemos dun servizo de catering variado que recolle os pratos seleccionados de todas as cartas das nosas cociñas, as mellores bebidas das barras e as máis exquisitas sobremesas caseiras, coa calidade dos produtos de “A Galiciana”.

 

Todos os nosos espazos están equipados con tecnoloxía multimedia e audiovisual, pantallas, conectividade, mobiliario axeitado e a excelente predisposición do noso persoal especialmente capacitado, que coida ata o último detalle para que a experiencia sexa un verdadeiro éxito.

Gracias por su mensaje